Actriz

Biografía

Victoria Teijeiro

Estuda Voz e Canto, Commedia dell’Arte con Fabio Mangolini, máscaras con Tapa Sudana, a Shakespeare con Will Keen e Augusto Fernándes e interpretación para o audiovisual con Macarena Pombo e Eva Lesmes.

Desde 2005 traballa como actriz en distintas compañías de teatro: Compañía Nacional de Teatro Clásico, Centro Dramático Nacional, A Quintana Teatro, Factoría Teatro, Ibuprofeno Teatro, etc., así como en diferentes series de televisión: Fariña, Aguia Vermella, Aída, Cóntame, etc e en cinema en Esperando Setembro dirixida por Tina Oliveirais e na Illa das mentiras (O Santa Isabel) dirixida por Paula Cons.

Recibe o Premio a Mellor Actriz de Reparto nos Globos de Ouro 2020 do Cinema Independente Español, Premio a Mellor Actriz nos Premios “ Dorotea Bárcena” do Teatro Galego, Premio a Mellor Actriz no Certame Nacional de Veigas Baixas e o Premio MAX ao espectáculo Revelación con “Desde o Invisible”. Nomeada aos Premios Mestre Mateo e aos Premios María Casares.

Premio MAX